Simon Wiesenthal
Aparencia
Simon Wiesenthal, nado en Buchach, na actual Ucraína, o 31 de decembro de 1908 e finado en Viena o 20 de setembro de 2005, foi un arquitecto e investigador xudeu, que tras estar prisioneiro no campo de concentración de Mauthausen-Gusen durante a segunda guerra mundial dedicou a meirande parte da súa vida a localizar e identificar criminais de guerra nazis que se encontraban fuxitivos, co gallo de os levar perante a xustiza.
En 1992 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.